O CONCELLO DE CURTIS CELEBROU HOXE O pleno organizativo
- Aprobadas por unanimidade dúas dedicacións exclusivas: a do alcalde, Javier Caínzos, cunha retribucción de anual bruta de 46.350,50 euros (a mesma que ata a data) e a do concelleiro Iván Maques cunha retribucción anual bruta de 35.000 euros.
- Créanse 8 áreas de xestión adscritas a cada un dos concelleiros e tres novas tenencias de alcalde.
- As sesións plenarias ordinarias terán unha periodicidade bimensual, celebrandose o segundo venres dos meses pares. A Comisión de Coordinación reunirase o segundo e cuarto xoves de cada mes.
Curtis-Teixeiro, 26 de xuño de 2023-. Coa dación de conta dos Decretos da Alcaldía, ditados en relación co nomeamento de tenentes de alcalde, delegación de áreas de goberno e delegación de sinatura a favor de concelleiros comezou este luns ás 14:15 horas, a sesión extraordinaria do pleno de organización da corporación do Concello de Curtis para a lexislatura 2023-27. Nela establecense a incorporación de tres tenentes de alcalde asumindo Julia Díez a primeira tenencia de alcalde, Iván Maques a segunda e Eva Lata, a terceira. Orde aprobada por unanimidade.
Ademais, tamén se aprobaron as áreas de xestión que se sinalan a favor dos concelleiros do municipio. Deste xeito, Julia Díez asume a área de Cultura e Deportes; Eva Lata a área de Benestar Social e Igualdade; Iván Maques, a área de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestruturas, Alfonso Gómez, a Área de Medio Rural; Josefa Paredes, área de Sanidade, Feiras e Mercados; Marta Barreiro, a área de Educación, Emprego e Formación; Emilio Souto, a área de Servizos, Emerxencias e Obras e finalmente a Alcaldía asume as áreas de Urbanismo, Facenda, Réxime Interior e Comunicación.
Ademais das áreas de xestión e o novo nomeamento de tenencias de alcalde, veñense de aprobar no pleno de hoxe dúas dedicacións exclusivas, sendo a primeira a do alcalde, Javier Caínzos, cunha retribucción anual bruta de 46.350,50 euros e a do concelleiro Iván Maques cun retribucción anual bruta de 35.000 euros puntos aprobados por unanimidade.
Tamén foi aprobada a proposta da alcaldía sobre o réxime de sesións do pleno polo que as sesións plenarias ordinarias terán unha periodicidade bimensual, celebrando as sesións o segundo venres dos meses pares ás 14:15 horas.
Outra orde do día aprobada por unanimidade foi a creación e composición da Comisión de Coordinación que se reunirá con carácter ordinario o segundo e cuarto xoves de cada mes ás 19:15 horas e estará formada polos membros do equipo de goberno. Tamén se realizou a aprobación da creación e composición da Comisión Especial de Contas (por unanimidade) e o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados (coa abstención do BNG). Aprobada cos votos en contra do BNG a fixación de indemnizacións por asistencias a sesións de órganos colexiados.
Outra orde do día aprobada (coa abstención do BNG) foi a Terceira Addenda do Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro, Curtis.
A encomenda de xestión para xestión e tramitación do Obradoiro de Emprego: Terras da Montaña V e a aceptación de encomenda de xestión para o desenvolvemento do programa de apoio ao CIM e de prevención da violencia de xénero foron aprobadas por unanimidade.
Finalmente realizouse o sorteo para a formación de membros das mesas electorais para as Eleccións Xerais 2023.