Conmemoramos o Día Internacional do Orgullo
Os 120 participantes nos campamentos de verán de Curtis e Teixeiro veñen de realizar no día de hoxe dous murais con temática LGTBIQ+. Trátase dunha actividade enmarcada no Día Internacional do Orgullo que se conmemora hoxe, 28 de xuño.
A iniciativa foi organizada pola Área de Igualdade do Concello de Curtis a través do Centro de Información á Muller (CIM).