SEPES saca a concurso a venta de 29 parcelas no Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro
SEPES abre hoxe o prazo do concurso para a venta de 28 parcelas de uso industrial e 1 de equipamento industrial.
O prezo das mesmas varía en función do tamaño e das súas características.
As parcelas van dende 1.100 ata 23.900 metros cadrados e o prezo oscila entre 32,92 €/m2 e 41,08€/m2.
A parcela de equipamento comercial de 20.554,16 metros cadrados servirá de base para o asentamento de servizos de hostalaría e hospedaxe para área industrial.
A localización das mesmas pode verse no plano adxunto, destacadas en cor azul.
A finalización de prazo para a presentación de ofertas será o día 5 de outubro de 2023, no Rexistro Xeral de SEPES, en Paseo da Castellana nº91, 28046, Madrid.
Máis información en https://www.sepes.es/es/content/promocion/15-013-39
Plano_2023.pdf
Precios_2023.pdf