O DÍA DA BICI CELEBRARASE O DOMINGO 13 DE AGOSTO
O Día da Bici, que organiza a área de Deportes do Concello de Curtis celebrarase o domingo 13 de agosto, e o prazo para inscribirse está aberto ata o día 9 deste mes.
A actividade está pensada para fomentar hábitos de vida saudable e para incentivar a participación de todos os veciños, sen límite de idade.
A marcha sairá desde a Casa Consistorial en Teixeiro e desde o pavillón municipal de Curtis ás 10.30 horas, e o punto de encontro final será San Roque de Xabriño, onde se entregarán trofeos ao participante máis novo, ao máis veterano, ao grupo ciclista máis numeroso e á bicicleta máis orixinal.
Como en anos anteriores, sortearase unha bicicleta e accesorios. Para poder optar a ela, do mesmo xeito que aos trofeos, é necesario estar inscrito.
Será obrigatorio levar casco.
Lugar de inscrición: Casa do Concello, en Teixeiro, e nas oficinas municipais no Recinto Feiral de Curtis.