Numeracion Curtis logos

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA FORMACIÓN DUNHA LISTAXE DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A COA CATEGORÍA DE ARQUITECTO TÉCNICO (GRUPO A, SUBGROPO A2) MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE

No Boletin Oficial da Provincia nº 164 do día 29 de agosto de 2023, publícanse as bases íntegras do proceso selectivo para a formación dunha listaxe de funcionarios/as interinos/as para o posto de arquitecto técnico municipal (Grupo A, Subgrupo A2) mediante o sistema de oposición libre.

As bases tamén poderán consultarse no taboleiro de anuncios electrónico da sede electrónica e nas dependencias municipais.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación das bases, polo que os interesados poderán presentar as súas solicitudes entre o 30 de agosto e o 18 de setembro, ámbolos dous incluídos.

As solicitudes de participación poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Curtis, a través da sede electrónica municipal, así como en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Bases.pdf

FOTO

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.