Fallado o XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis
- Repartiranse un total de 2.700 euros aos premiados/as.
- O acto de entrega realizarase o 20 de outubro ás 18:00h no Recinto Feiral de Curtis.
A 18ª edición dos premios de Narración Curta do Concello de Curtis xa ten gañadores!
O certame, convocado pola área de Cultura do Concello de Curtis e que coordina a artista galega Lucía Aldao, vén a consolidarse como un dos certames literarios máis célebres da zona e este ano recibiu por título: "INVENTA UN MUNDO, unha fantasía de certame!"
O xurado estivo composto pola cineasta e escritora Beatriz Saiáns de Saá, a escritora María Lado Lariño e a premiada na categoría de xente nova do ano pasado Lola Collazo Couto.
Finalmente os premiados/as son:
- Categoría A (a partir dos 12 anos):
1º premio de 400 euros para o relato “A ESTRELA CANELA”, de Claudia Sobrín de Blas, da Coruña.
2º premio de 200 euros para o relato “POR FIN!”, de Nuria Lourido Romar, de Santa Comba.
- Categoría B (dos 18 anos en diante):
1º premio de 700 euros para o relato “A PANTALLA”, de María Goretti Fariña Caamaño, de Vilagarcía de Arousa.
2º premio de 300 euros para o relato “PREZADO MIRO PEREIRA”, de Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela
- Categoría A local:
Premio de 400 euros para o relato “O QUE SOMOS”, de Gloria Iglesias Grobas.
- Categoría B local:
Concédese ex aequo, cun premio de 350 euros cada un, para os relatos “EN TEMPOS DE NICHOCO”, de Rebeca Penas Tizón, e para “GATOCRACIA”, de Fermín García Seoane.
O acto de entrega terá lugar o venres 20 de outubro ás 18:00 horas no Espazo Xove de Curtis. Agárdase a asistencia de todas as persoas premiadas,acompañantes, xurado, persoal do concello e todo aquel que queira asistir.