Vinte desempregados dos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar completaron a súa formación no IV Obradoiro de emprego “Terras da montaña”.
Vinte desempregados dos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar completaron a súa formación no IV Obradoiro de emprego “Terras da montaña”.
Teixeiro acolleu esta mañá o acto de clausura do IV Obradoiro de emprego "Terras da montaña concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar" nun acto no que estiveron presentes a directora xeral de formación para o emprego e orientación da Xunta de Galicia, Zeltia Lado Lago, os alcaldes dos tres concellos participantes e os concelleiros de Medio Ambiente e Obras e Servizos do Concello de Curtis xunto cos vinte alumnos así como o director, os catro docentes e unha administrativa.
O taller tivo como finalidade impulsar a inserción laboral no ámbito da xardinería e forestais e contou cun investimento de 503.987€
O alumnado-traballador formouse nun período de doce meses no ámbito da xardinería e forestais nas modalidades de actividades de auxiliares en viveiros, xardín e centros de xardinería así como de conservación e mellora de montes.
A formación permitiu ao alumnado acudir ás diferentes convocatorias oficiais, onde se examinaron nos ámbitos sociais, comunicativos e científico-tecnolóxico.
Neste obradoiro, o alumnado ademais de recibir formación realizou actuacións nos tres concellos participantes.