UV BANNER Curtis 2023 web

O polígono industrial de Curtis-Teixeiro acollerá a primeira planta de producción de proteínas vexetais de España

  • Cunha inversión de preto de 17 millóns de euros, a Xunta vén de otourgarlle a declaración de iniciativa empresarial prioritaria.

A empresa sevillana “In proteins for all’, unha start up creada no 2022, proxecta construír en Teixeiro unha planta biotecnolóxica para a extracción e transformación de proteína vexetal.

O proxecto prevé un investimento de 16,9 millóns de euros e emprego directo como mínimo a 25 persoas segundo anunciou hoxe a Xunta.

A iniciativa oriéntase ao suministro de ingredientes á industria alimentaria e empregará como materia prima sementes de leguminosas e fariñas de legumes.

O Consello da Xunta vén de declarar a iniciativa como prioritaria, a fin de axilizar trámites para a súa posta en marcha.

pexels pixabay 356040

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.