O Concello de Curtis abre expediente a unha madereira por incumprimento da ordenanza municipal reguladora do depósito, carga e transporte da madeira de tala
O Concello de Curtis paralizou esta mañá as tarefas de retirada de madeira de tala que se estaban a realizar a través dunha vía de titularidade municipal no lugar do Vilardois (parroquia de Santaia). O Concello abre expediente ao incumprirse a normativa local xa que non se recibiu comunicación previa nin a fianza que se esixe sempre e cando se realicen estas tarefas por vías de titularidade municipal.
O maderista é reincidente, polo que se trata dunha infracción moi grave e conleva á pertinente sanción. Os danos a día de hoxe oscilan os 6,000 euros. Dende o concello notificouse no día de hoxe a paralización das tarefas para evitar máis danos.