CAMPAÑA NEVE 2024
Tes entre 11 e 15 anos e queres pasar unha fin de semana esquiando? Xa está aberto o prazo de inscrición para gozar da estación asturiana de Valgrande-Pajares co programa de neve da Deputación de A Coruña.
Á rapazada do Concello de Curtis correspóndelle a quenda do 16 ó 19 de febreiro de 2024.
A viaxe inclúe traslados dende unha cabeceira comarcal, aloxamento nun albergue a pé de pista, manutención, clases de esquí e actividades.
Os participantes deberán pagar 85 euros de gastos de manutención.
Solicitudes dende hoxe ata o 1 de decembro (incluidos):
Para presentar a solicitude cubre a seguinte ficha: Ficha_de_inscricion_Campana-Neve_2024.pdf
e preséntaa na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis.
As prazas destinadas a Concello de Curtis son CINCO. Preferencia para a rapazada que nunca participara na campaña da neve da Deputación e as prazas, no caso de haber máis solicitudes que prazas outorgaranse mediante un sorteo público que se celebrará entre o 4 e o 12 de decembro.
Máis información no departamento de deportes do Concello de Curtis: 981 789 003 ou no 981 777 105.