A curtiense Lupe Gómez gañadora da primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza
O poemario “Herbario da noite pecha”, de Lupe Gómez Arto foi a obra elixida polo xurado da modalidade de galego. Na acta, o xurado valora “a linguaxe limpa, transparente e luminosa dos seus versos. O seu carácter sensorial é quen de transportar o lector cara a un universo da memoria vencellada coa infancia a través dunha ollada tenra e feminina.
O presidente de Évame Oroza destacou a repercusión que tivo o concurso, con case 1.100 traballos presentados.
Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega, coñecida como Lupe Gómez, que publicou libros de poesía como Pornografía (1995), Camuflaxe (2017), Caracois de Belvís (2020) ou Montaña Ioga (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño.