A Axenda Urbana inicia a participación co sector gandeiro e servizos
Curtis-Teixeiro, 16 de novembro de 2023-. A construcción do Concello de Curtis do futuro xa comezou. Se ven fai uns días o Concello anunciaba o inicio do proceso de deseño da Axenda Urbana 2030 do municipio e que marcará o desenvolvemento sostible do concello nos próximos anos, no día de onte producíronse os primeiros encontros con dúas mesas de traballo.
Ás citas convocadas pola Área de Medio Ambiente acudiron os gandeiros da zona ás 12:00 horas na Casa do Concello en Teixeiro e ás 16:00 horas os comerciantes e hosteleiros de Curtis e Teixeiro no Recinto Feiral de Curtis.
Os presentes estiveron acompañados polos técnicos da empresa encargada da redacción do Plan e polo segundo tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestructuras, Iván Maques.
A ordenación do territorio e os seus usos, a optimización de recursos, a xestión de residuos e o relevo xeracional protagonizaron boa parte da mesa de traballo co sector primario. Outras cuestións como a ampliación de servizos básicos no muncipio, a venda online ou o turismo sostible debatiuse na mesa de traballo do comercio e hostalería local.
Paralelamente, o Concello de Curtis tamén está recollendo opinións da poboación mediante unha enquisa dixital podendo desta maneira facer aportacións online para a A Axenda Urbana 2030 coas que poder elaborar unha estratexia do municipio a través da información recollida deste espazo.
Dentro dunhas semanas realizarase en Curtis e Teixeiro as presentacións da diagnose do plan onde se explicará a análise dos datos recollidos tanto nas mesas de traballo como nas enquisas co obxectivo de resaltar a información útil recollida e suxerir conclusións que se poderán debatir nestas presentacións con carácter participativo.
O concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques animou hoxe a participar “nesta transformación do Concello de Curtis co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños, na que todos e todas os implicados, temos o deber e a responsabilidade de seguir dando pasos, establecendo unha folla de ruta para dar resposta aos problemas, retos e aspiracións do municipio”.