DesTAPAte: a ruta gastronómica para disfrutar do queixo e da nabiza en 22 locais de hostelería do Concello de Curtis nesta ponte da constitución
Mezclada con manzanilla, protexe do mal de ollo; macerando o nabo con azucre, cura os catarros; frotando as súas follas contra a pel, fai desaparecer as verrugas; colocándoa sobre as feridas, coagula a sangue... a sabiduría popular confire moitas propiedades á nabiza, pero a súa función máis extendida é combatir o frío inxerindo o seus saboroso caldo. Con este remedio gastronómico para o frío e xunto co queixo de Curtis con denominación de orixe Arzúa-Ulloa formarán un total de 22 locais do Concello de Curtis as tapas e menús da ruta desTAPAte.
Unha ruta organizada polo Concello de Curtis que ten como obxectivo ensalzar dous dos produtos típicos da zona e darlle un impulso á hostelería do municipio nesta ponte da Constitución.
A ruta comezará o venres 8 de decembro e rematará o domingo día 10. Os locais repartirán con cada consumición tapas ou menús elaborados con queixo ou nabizas de forma gratuíta. Esta homenaxe consolídase como unha das citas gastronómicas máis coñecidas na comarca.
PREME NA LIGAZÓN PARA VER OS LOCAIS PARTICIPANTES: cartel_ruta_destapate_nabiza_e_queixo_curtis_.pdf