UV BANNER Curtis 2023 web

Iniciadas as obras de reforzo de calzada no camiño das Mingueiras a Padreiro (Fisteus)

O Concello de Curtis vén de iniciar as obras de mellora de pavimento existente no camiño das Mingueiras a Padreiro (parroquia de Fisteus).

Coas obras, ademais de acadar a mellora do pavimento, realizarase limpeza e perfilado de cunetas, revisión de emboquillados ás tajeas existentes e pintado de sinalización horizontal.

Estas obras son financiadas polo Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia cun importe de 68.649 euros.

Capturaobras

WhatsApp Image 2023 11 23 at 10.43.04 7

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.