O Concello de Curtis promociónase en FITUR
A casa-museo de María Antonia Dans e o Centro Etnográfico de Teixeiro foron as apostas este ano para promocionar na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se está celebrando en Madrid.
Ademais, o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos acompañou ao presidente da Reserva, José Antonio Santiso; o vicepresidente, Sergio Platas, e o xerente do Plan de Sostenibilidade Turística, Diego López na nova campaña promocional da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo da que o concello forma parte e que leva a auga como fío conductor das “experiencias inolvidables” que poden vivir os visitantes do territorio.