Numeracion Curtis logos

A área de Cultura do Concello de Curtis lanza un club de lectura

O Concello de Curtis, a través da área de Cultura, vén de comunicar a creación dun club de lectura. O obxectivo, explican, despertar a inquietude literaria con encontros periódicos e onde a imaxinación sexa o ingrediente principal no desenvolvemento da actividade ademais de fomentar as relacións sociais.

Os interesados deben de inscribirse antes do 15 de febreiro na Casa da Concello en Teixeiro, na oficina municipal de Curtis ou chamando ao 981 789 003 ou no 981 777 105.

Sobre as idades para poder inscribirse, a concelleira de cultura, Julia Díez apuntaba esta mañá “Animo a que todos os interesados se inscriban. Unha vez rematado o prazo para anotarse valoraremos as idades do participantes e, se son dispares, intentaremos facer grupos dentro do club” aclara.

PECHADO DURANTE TODA A MAÑÁ DO MÉRCORES DÍA 7 DE FEBREIRO DE 2024 POR FORMACIÓN min

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.