O Concello de Curtis retira vexetación sobrante e plásticos da Ponte Marzá
O Concello de Curtis vén de retirar os arrastres de vexetación deste inverno que estaban a obstruir o paso da auga do río Mandeo pola Ponte Marzá, así o explicou esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques, quen sinalou que ademais dos restos de vexetación tamén se realizaron tarefas de retirada de plásticos presentes nos márxenes do río.
A labor está dirixida a sacar do cauce a vexetación sobrante para permitir un mellor fluxo da auga e miniminicar as consecuencias das crecidas. A previsión, apunta, é a de continuar coas limpezas e coa mellora e acondicionamento dos entornos naturais.