O Concello de Curtis renova o pavimento e o mobiliario de tres parques infantís cunha inversión total de 140,200 euros
O Concello de Curtis renova o pavimento e o mobiliario de tres parques infantís cunha inversión total de 140,200 euros
- As actuacións acometéronse nos parques infantís dos dous CEIP e no parque da Carballeira de Curtis
Curtis-Teixeiro, 6 de febreiro de 2023-. O Concello de Curtis, a través da área de Infraestructuras, vén de anunciar a finalización das obras de renovación de pavimento e instalación de novo mobiliario en tres parques infantís do municipio. As actuacións acometéronse, en concreto, no parque infantil do CEIP de Curtis, CEIP de Teixeiro e parque da Carballeira sito en Curtis na rúa María Antonia Dans.
As intervencións, cun importe total de 140.200 euros, centráronse na sustitución do pavimento de caucho, deteriorado polo paso do tempo e pola exposición ás inclemencias meteorolóxicas, co obxectivo de reforzar a seguridade e a comididade dos usuarios. As estructuras, por outro lado, foron sustituidas por outras máis modernas.
A estas actuacións sumase á construcción do novo parque Ánxeles Penas no ano 2022 sito en Teixeiro para que os 320 nenos de 3 a 11 anos dispoñan dunhas infraestructuras novas para o seu disfrute. O alcalde, Javier Caínzos, avanzaba esta mañá que nos próximos meses sairá a concurso a renovación do parque anexo á Casa do Concello en Teixeiro.