Luns 12 de febreiro e mércores 14 o servizo de conciliación adaptará o seu horario ao entroido
Durante os días luns 12 e mércores 14 de febreiro, o servizo de conciliación seguirá funcionando con adaptación horaria á xornada de mañá de 7:00 h a 14:00 horas. De tal xeito, preténdese facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante ditos días non lectivos.
Os nenos e nenas que non acudan regularmente ao servizo de conciliación poderán acceder como esporádicos.