Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis ao carón das demandas dos agricultores e dos gandeiros

Concentración hoxe de gandeiros e agricultores ante a situación do sector diante da Delegación do Goberno á que acudiron gandeiros do concello; o portavoz municipal Iván Maques e o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos.

O pleno da Corporación do Concello de Curtis aproba por unanimidade unha proposta do equipo de goberno en defensa dos gandeiros e dos agricultores na cal se recolle un decálogo de medidas que se relacionan a continuación propostas polas organización sindicais máis representativas: Unións Agrarias-UPA (UU.AA), a Asociación Agraria Galega (ASAGA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG):

  • Prezos xustos dos nosos produtos. Eliminación da especulación e creación de índices de referencia dos custos de produción en distintos sectores, incluíndo unha remuneración digna do traballo dos produtores, mecanismos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.

  • Rexeitamento dos tratados de libre comercio (Mercosur) que poñan en risco as nosas producións, priorizándoas fronte a terceiros países que comercian coa Unión Europea.

  • Eliminar a burocratización que asfixia a gandeiros e agricultores: Caderno Dixital, Decreto de Xestión da Explotación Bovina e Decreto de Fertilización Sostible do Solo.

  • Adecuación dos ecoesquemas e da PAC á realidade da agricultura e gandería galega, pagos en función de persoas activas e non por superficie.

  • Contías suficientes para atender as solicitudes de produción ecolóxica, así como todos os expedientes agroambientais e climáticos e axudas á incorporación.

  • Recuperación da terra agraria e a súa especial protección para apoiar ao sector ante novos retos como cambio climático, novas enfermidades ou aumentos do custo dos combustibles. Fomentar a investigación pública que acompañe ao sector na situación actual e para afrontar novas incidencias ou problemas que afectan á gandería e á agricultura, acadando unha maior sostibilidade en cada unha das explotacións.

  • Promover o acceso da poboación a alimentos saudables promovendo e apoiando os mercados locais, os circuítos curtos e a compra pública de alimentos ecolóxicos e de proximidade.

  • Mantemento da rebaixa do prezo do gasóleo para o sector primario, así como das condicións do gasóleo agrícola profesional.

  • Retirada do lobo da LESPRE, indemnización dos danos causados pola fauna salvaxe (xabarín, lobo, etc.) e de todas as perdas ocasionadas, que deberán minimizarse. Autorizar as batidas de control da fauna salvaxe. Creación dunha figura mediadora na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de prezos dos produtos agrícolas e gandeiros.

  • Creación dunha figura mediadora na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de prezos dos produtos agrícolas e gandeiros.

Deste xeito, no pleno de hoxe adoptáronse os seguintes acordos:

1.- Mostrar apoio ao sector primario no Concello de Curtis, aos seus gandeiros e agricultores. Reivindicamos a súa importancia no desenvolvemento da nosa vila e da Comunidade Autónoma, tanto dende o punto de vista produtivo, económico e social, como ambiental.

2.- Apoiar o decálogo de medidas para afrontar a crise do sistema agrario e

agroalimentario galego.

3.- Solicitar ao Goberno de España a adopción das ditas medidas coa maior brevidade

posible.

WhatsApp Image 2024 02 20 at 14.58.48

417431078 795547502617676 5990660711653358071 n

 

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.