Numeracion Curtis logos

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a construción dunha planta de biometano e fertilizantes en Teixeiro

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración como iniciativa empresarial prioritaria dunha planta de produción de biometano e fertilizantes en Teixeiro promovida por Bioetanol Galicia -do grupo de empresas Vertex Bioenergy, referente europeo na industria de biocombustibles- cun investimento de 12M de euros. 

Esta iniciativa localizarase no polígono industrial de Teixeiro, onde Bioetanol Galicia xa conta cunha das plantas de produción de bioetanol máis importantes de España. O proxecto ten como obxectivo tratar, a través dun proceso controlado de dixestión anaerobia, ao redor de 100.000 toneladas anuais de residuos e subprodutos derivados de bioetanol. 

Deste xeito, o biogás xerado empregarase para obter biometano, que se inxectará na rede de distribución de gas que pasa pola zona sur da parcela na que se construirá a planta. Ademais, como coproduto principal deste proceso producirase un dixestato para a súa aplicación agraria,que suporá importantes melloras con respecto aos fertilizantes químicos e xurros sen tratar que se empregan actualmente. 

O proxecto cumpre cos requisitos para recibir esta declaración: supera o volume de investimento mínimo fixado nun millón de euros (en concreto serán 12M €) e complementa cadeas de valor ou pertence a sectores estratéxicos. 

A nova declaración aprobada no Consello da Xunta enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa que supón, na práctica, a reducción á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento. Así poténciase a captación de investimentos para Galicia e a creación de emprego de calidade. 

WhatsApp Image 2024 03 04 at 17.55.33 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.