UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello de Curtis celebra unha sesión ordinaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero e marca a liña estratéxica do V PIOM

Na mañá de hoxe celebrouse no Recinto Feiral de Curtis unha sesión ordinaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero do Concello de Curtis.
 
Coa celebración destas mesas búscase potenciar de forma activa a coordinación entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero para adaptar mellor os recursos e procedementos ás necesidades das víctimas e incrementar o nivel de percepción de seguridade e cercanía por parte das institucións e organismos.
 
O acto foi presidido polo alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos; o Delegado da Xunta de Galicia en funcións na provincia da Coruña, Severino Álvarez; a Titular do Xulgado de violencia de Xénero contra a Muller, Ana Rodríguez; a Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller na Subdelegación do Goberno na Coruña e a Concelleira de Igualdade do Concello de Curtis, Eva Lata.
 
Ao acto tamén asistiron o alcalde de Vilasantar, o alcalde de Sobrado e técnica do municipio; o Director do Centro Penitenciario, o Sarxento da Garda Civil do posto de comandancia de Curtis, representantes do equipo VioGen Santiago, representante do Xulgado de Paz do Concello de Curtis, directores dos tres centros educativos do concello, representantes dos departamentos dos Servizos Sociais do Concello e persoal do CIM.
 
En concreto, a reunión tivo como orde do día abordar a exposición de pautas de actuación do Xulgado de Violencia sobre a Muller e a actuación respecto á víctimas pola xuíza experta en violencia de xénero, Ana Rodríguez.
 
Tamén se realizou unha explicación do funcionamento de recursos específicos do CIM que ofrece nos en todas as súas áreas de afección no referente ás Terapias asistidas con equinos por Laura Gándaras e finalmente abordáronse as liñas estratéxicas do que será o V Plan de Igualdade Municipal de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Curtis (PIOM).

O Delegado da Xunta de Galicia en funcions na provincia da Coruña, Severino Álvarez apuntou esta mañá que: “Estas mesas son o testumuño da colaboración e da trasversalidade de todos os axentes sociais que pelexamos contra esta lacra social. A aposta da Xunta de Galicia é unha aposta decidida e determinante. O noso compromiso é que a rede contra a violencia de xénero cada día impere en máis concellos e que cada día haxa máis mesas coma estas”.

A MESA
A Mesa de Coordinación Interinstitucional do Concello de Curtis naceu co fin de
optimizar as accións en materia de prevención, sensibilización e mellora na
atención ás víctimas. Integra a todos os axentes implicados nos ámbitos da muller, servizos sociais, educativo, sanitario, xudicial e forzas de seguridade.
Entre as funcións da Mesa destaca o análisis da incidencia da violencia de xénero na comarca, determinar os criterios para a detección precoz dos casos de violencia machista, o seguemento dos casos de alto risco, definir os mecanismos máis eficientes de actuación e a posta en marcha de estratexia de sensibilización dirixidas a toda a poboación e a sectores específicos.

417549419 809371331235293 5690407013420624918 n

417523947 809371344568625 268280647532503049 n

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.