Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís
Dende o día 16 de marzo e ata o vindeiro 5 de abril, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o vindeiro curso 2024/25.
Todo o relativo a este procedemento: impresos, prazos, criterios de admisión e inicio do vindeiro curso, pode ser consultado polas familias nas seguintes páxinas web:
É moi importante comprobar os códigos de cada procedemento:
RENOVACIÓN: solicitude con código BS404B, é de obrigada presentación para tódolos nenos e nenas que queiran continuar na escola no vindeiro curso.
NOVO INGRESO: solicitude con código BS404A, para todas aquelas familias que queiran solicitar praza na escola para o vindeiro curso.
Modo de presentación:
1.- TELEMÁTICO:accedendo a https://sede.xunta.gal/portada, AS SOLICITUDES
PRESENTARANSE PREFERIBLEMENTE POR ESTE MÉTODO.
2.- PRESENCIAL: achegándose á propia Escola para a presentación dos mesmos.
Para aquelas persoas que opten polo segundo modo de presentación: é moi importante concertar cita na Escola chamando a o número 981 785 133, tanto para a recollida de impresos como para a súa presentación, o horario de atención de dirección será de: 10:45 a 12:00 horas.
Ante calquera dúbida poñerse en contacto coa Escola Infantil.
Por outra banda,
A reserva de praza para os CEIP de Curtis e Teixeiro remata o 20 de marzo. Aquí poden acceder a toda a información:
CEIP Teixeiro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdeteixeiro/node/927