Taller Alimentación complementaria
A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Cim Curtis, organizou un taller sobre Alimentación Complementaria BLW, un método que promove a autonomía do bebé e permite explorar diferentes texturas e sabores ao seu propio ritmo.
Trátase dunha acción máis dentro do CIM que ten por obxectivo brindar ferramentas ás familias para a xestión de todos os cambios propios derivados da crianza dos seus fillos.
O taller foi impartido por Paula Garcia Otero, asesora experta en lactancia.