Entregados os diplomas aos 37 participantes no obradoiro de memoria
As concelleiras de Benestar Social, Eva Lata e de Cultura, Julia Díez xunto co tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestructuras, Iván Maques, entregaron os diplomas aos 37 participantes dos obradoiros de memoria en Curtis, Teixeiro, Santaia e a Illana enmarcados na estratexia de promoción da saúde posta en marcha polo Concello de Curtis.