BONO TURÍSTICO DA XUNTA DE GALICIA
Xa está dispoñible para a súa descarga o Bono Turístico que cada ano ofrece a Xunta de Galicia.
Serán bonos en formato código QR cun importe de 150 euros, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€).
Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300 euros para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.
Os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.
Se aínda non tes o teu pódelo descargar a través da páxina web: www.bonoturismo.gal