UV BANNER Curtis 2023 web

Fallado o XIX Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

  • Repartiranse un total de 2.700 euros en premios
  • O acto de entrega realizarase o 20 de decembro ás 18:00h no Espazo Xove. 

A XIX edición dos premios de Narración Curta do Concello de Curtis xa ten gañadores.

O certame, convocado pola área de Cultura do Concello de Curtis e que coordina a artista galega Lucía Aldao, vén a consolidarse como un dos certames literarios máis célebres da zona e este ano recibiu por título: "A Festa".

O xurado estivo composto polo poeta e actor Samuel Merino, a escritora e performer Silvia Penas e a escritora e estudante de Enxeñaría Biomédica Alba Guzmán Falcón, dobremente premiada neste certame en edicións anteriores.

Finalmente os premiados/as son: 

Categoría A:

  • 1º premio para o relato Noite de Samaín, de Nuria Lourido Romar, de Santa Comba (gañadora do 2º premio na edición anterior). Premio de 400 euros.
  • 2º premio para o relato Unha foliada ben cantada, de Cecilia Fernández Suárez, de Arteixo. Premio de 200 euros.

Categoría B:

  • 1º premio para o relato A sensaçom de caída, de Nee Barros Fernández, de Marín (multipremiado neste certame, no que tamén colaborou como xurado noutra edición). Premio de 700 euros.
  • 2º premio para o relato Un pitillo e un vermú, de Odilo González Carnero, de Santiago de Compostela. Premio de 300 euros.

Categoría A local:

  • Premio para o relato A festa. A autora é Alba Sánchez López. Premio de 400 euros.

Catedoría B local:

  • Premio para o relato Tontemia Artificial, de Rebeca Penas Tizón. Premio de 700 euros.

O acto de entrega terá lugar o venres 20 de decembro ás 18:00 horas no Espazo Xove de Curtis. Agárdase a asistencia de todas as persoas premiadas,acompañantes, xurado, persoal do concello e todo aquel que queira asistir.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.