UV BANNER Curtis 2023 web

A Xunta instala unha marquesiña na praza da Estación de Teixeiro para facilitar a mobilidade do transporte público do Concello de Curtis

  • A actuación enmárcase no contrato adxudicado en 2021 por 1M€ para instalar 200 novos refuxios nos concellos que o soliciten en paradas de liñas de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia

Curtis-Teixeiro, 8 de agosto de 2024-. A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe xunto co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, actuacións de mellora de accesibilidade no municipio como a recente instalación dunha marquesiña rural na estrada AC-231. O novo espazo permitirá mellor a seguridade viaria das persoas usuarias nesta estrada.

Judit Fontela lembrou que a intervención enmárcase no novo contrato adxudicado o pasado 2021 co obxectivo de fomentar a utilización do transporte público a través da colocación de refuxios nas paradas das liñas de servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia tanto en zonas urbanas como rurais.

O proxecto conta cun investimento de máis de 1 millón de euros ao abeiro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa Moves II) e prevé a fabricación e subministro de 200 novos refuxios. Así, a Xunta continúa contribuíndo a unha mobilidade máis eficiente e sustentable ao dar continuidade a un contrato anterior licitado en 2019 mediante o que se instalaron 152 refuxios nos concellos solicitantes en paradas de liñas de transporte interurbano.

A directora xeral de Mobilidade incidiu en que estas marquesiñas, con selo galego tanto no deseño como na madeira empregada, serven para protexer ás persoas usuarias das inclemencias meteorolóxicas, así como facer máis cómoda e segura a espera e fomentar a información sobre a frecuencia e o destino dos servizos de transporte público que pasan por ese punto.

O alcalde solicitou a dotación de máis marquesinas para o transporte metropolitano.

Nos medios: 

IMG 6908

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.