Nova exposición na casa-museo de María Antonia Dans con motivo do Día da Muller Rural
Curtis-Teixeiro, 30 de setembro de 2024-. Área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Cim, vén de organizar unha nova exposición na casa-museo de María Antonia Dans con motivo do Día da Muller Rural.
Trátase dunha exposición da obra da pintora e ilustradora Carmen Seijas. En concreto, abordarase a figura da muller, explorando temas relacionados coa identidade femenina, o corpo e as emocións así como a vinculación da muller e a natureza, a terra e o rural.
A inauguración desta exposición será o día 15 de outubro ás 12:00 horas.
Seijas xa realizou tamén un mural neste concello, en concreto na Avda. Martínez Pardo en Teixeiro.
Amplía información sobre a artista aquí: https://www.lasombrastudio. com/es/pages/about