ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS Á NATALIDADE
Ábrese o prazo para solicitar as axudas á natalidade do Concello de Curtis.
Quen pode ser beneficiario destas axudas?
A convocatoria está aberta para os nacementos ou adopcións que tiveran lugar entre o 16 de novembro do ano 2023 e o 15 de novembro de 2024. Os nacementos posteriores a esta data entrarán na seguinte covocatoria de axudas correspondente o ano 2025.
Cal é a contía?
As axudas son de un máximo de 300 € por cada menor nacido ou adoptado.
Ata cando podo solicitar a axuda?
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 1 de decembro de 2024.
Onde podo solicitala?
Na casa do Concello sita en Teixeiro, nas oficinas municipais de Curtis ou presentando a documentación mediante o Rexistro Xeral do Concello de Curtis a través da sede electrónica: https://sede.curtis.gal/opencms/gl/
PREME NA LIGAZÓN PARA A SÚA DESCARGA: BASES_REGULADORAS_NATALIDADE_2023-2024.pdf
PUBLICACIÓN BOP: 2024_0000007129.pdf