Supermercados Gadis, coa colaboración da Asociación Amicos, e máis concretamente coas súas Ecobrigadas, levou a cabo un proxecto de integración social e de conservación da biodiversidade que se traduciu na prantación de 300 exemplares de bidueiros para rexenerar de forma natural unha parcela no Concello de Curtis, en concreto en A Gulpilleira e que onte se inaugurou baixo a denominación de Bosque Gadis.
Esta acción inclusiva é froito do convenio de colaboración entre a Asociación Amicos, especializada no apoio integral de persoas con discapacidade intelectual, e o Concello de Curtis.
As Ecobrigadas tamén levaron a cabo os labores previos de adecuación ao terreo para poder realizar a reforestación con bidueiros, especie autóctona elixida por ser a máis indicada para a parcela e porque favorece a súa integración na contorna.
Á inauguración acudiron José Luis Fernández, director de Comunicación de Gadisa; Lucía Santos, coordinadora de RSC de Gadis; o coordinador de Alianzas de Amicos, Keltoi Cameán; o alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestructuras, Iván Maques.