Actuación de Nabiza Girl no Recinto Feiral de Curtis o 29 de novembro
A actriz Isabel Risco protagonizará o venres 29 de novembro no Recinto Feiral de Curtis a función Nabiza girl. A función dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será libre.
Dirixido e protagonizado pola actriz Isabel Risco, este espectáculo de narración para público adulto amosa a historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que, como ela asegura, “proveñen do sulfato de cobre”.