A Área de Cultura do Concello de Curtis presenta a programación de nadal 2024-2025
A Área de Cultura do Concello de Curtis vén de presentar a programación de Nadal 2024-2025 que arrancará o luns 23 de decembro e rematará o 5 de xaneiro co desfile da comitiva real.
A programación inclúe un total de 14 actividades onde se poderá disfrutar de maxia, teatro, música, xogos populares... todas elas pensadas para as familias e, en especial, para os máis pequenos.
O programa, ademais destas cita, inclúe o campamento de nadal "Concilia na montaña" que arrancará tamén o 23 de decembro nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro en horario de 8:00h a 14:00h co obxetivo de facilitar a conciliación familiar.
CARTEL CON TODAS AS ACTIVIDADES:CARTEL_nadal_cultural_concello_de_curtis_2024_3.pdf