FINALIZADAS AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA SENDA FLUVIAL DO RÍO MANDEO FINANCIADAS POR SOGAMA
A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), aportou un total de 150.000 euros para a financiación do acondicionamento da senda fluvial do río Mandeo ao seu paso polo Concello de Curtis.
As obras veñen de ser rematadas. A senda conta cun total de 2.820 metros, comezando a ruta na Ponte Marzá (Brixería) e finalizando no Azud de Morangueiros que abastece ao Polígono Industrial de Teixeiro.