Ábrese o prazo para inscribirse nos Campamentos Concilia en Semana Santa 2025 do Concello de Curtis
A partir do 1 de abril estará aberto o prazo para a inscrición nos campamentos Concilia en Semana Santa 2025 que organiza a Área de Igualdade do Concello de Curtis a través do CIM e que se desenvolven nos centros de ocio de Teixeiro e Curtis.
Haberá prazas limitadas e terá prioridade as familias con proxenitores traballando, empadroados e a orde de inscrición.
A inscrición pódese facer a través da sede electrónica, presencialmente na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. Ademais, as follas de inscrición e a información sobre estes campamentos enviaránse aos dous colexios do municipio.
Os campamentos desenvolverase os días: 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 8:00 a 14:00 horas e o custo será de10 euros a ingresar no siguiente número de conta: ES47 2080 0081 1831 1000 0048
Descarga a ficha de inscrición no seguinte enlace: