Banner XX Premio de rarracion curta

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA XXIV COMIDA DE MAIORES ORGANIZADA POLO CONCELLO DE CURTIS

O Concello de Curtis celebrou con gran éxito a XXIV edición da Comida de Maiores, un evento xa tradicional que tivo lugar no propio municipio e que reuniu a 458 persoas,. O acto contou coa presenza do Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.

Durante a celebración, rendeuse unha pequena homenaxe a Jesús García Peteiro, de 97 anos, e a Carmen Rico, de 92, como as persoas de máis idade do encontro. Ambos recibiron un detalle conmemorativo por parte do Concello de Curtis.

O menú degustación estivo composto por pratos tradicionais como a empanada, o polbo e o xarrete, así como tamén xeado, chocolate e biscoito. Ademais, como obsequio especial, cada un dos participantes recibiu unha baralla de cartas, símbolo de momentos de ocio e compañeirismo que se fomentan dende este tipo de encontros.

A xornada estivo amenizada por un dúo musical que animou o ambiente con cancións populares, facendo que moitos dos asistentes se animaran a bailar, convertendo o encontro nunha verdadeira festa para todos.

Dende o Concello de Curtis agradécese a asistencia e destácase a importancia de seguir promovendo iniciativas que favorezan a integración e recoñecemento das persoas maiores do municipio.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.