Banner XX Premio de rarracion curta

O CONCELLO DE CURTIS RECIBE A DOACIÓN DUN BUSTO DE MARÍA ANTONIA DANS

O Concello de Curtis recibiu este sábado 26 de abril, nun acto celebrado na Casa Museo de María Antonia Dans, a doazón dun valioso busto que rende homenaxe á recoñecida artista. A obra, modelada no histórico taller de Isaac Díaz Pardo a partir dun deseño do prestixioso pintor Antonio López, pasa dende hoxe a formar parte do patrimonio artístico municipal. O acto foi organizado pola Asociación Amigos de Curtis e contou coa presenza de representantes do goberno local, entre eles o alcalde, Javier Caínzos; a concelleira de Benestar, Eva Lata; e a concelleira de Promoción Económica en Feiras, Fina Paredes, así como outros membros da corporación municipal. Tamén asistiron membros actuais e fundadores da Asociación Amigos de Curtis, xunto a familiares da artista: María, Lois e Anxo Dans. Con esta doazón, o Concello de Curtis reforza o seu compromiso coa conservación e difusión do legado cultural de María Antonia Dans e reafirma a súa aposta pola cultura como seña de identidade do municipio

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.