O CONCELLO DE CURTIS CONVIDA A PARTICIPAR NA IX RUTA CABALAR CAMPESTRE E NA IV CARREIRA ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DA LOITA CONTRA O CANCRO
Curtis. 03.05.2025
O Concello de Curtis convida a toda a cidadanía a gozar dun mes de maio cheo de actividades ao aire libre con dúas citas destacadas que combinan deporte, natureza e solidariedade.
Por unha banda, o domingo 11 de maio, celebrarase a Carreira-Andaina a favor da loita contra o cancro, unha iniciativa solidaria que terá a súa saída na Praza de España de Teixeiro ás 10:30h (carreira) e 10:35h (andaina), finalizando no Pavillón de Curtis.
Trátase dunha oportunidade perfecta para colaborar cnha causa vital ao tempo que se practica exercicio e se comparte un momento especial en comunidade.
As inscricións poden realizarse ata o 7 de maioa través da web www.carreirasgalegas.com.
Por outra banda, o sábado 17 de maio, chega a esperada IX Ruta Cabalar Campestre, un evento que cada ano reúne a amantes do mundo ecuestre e da natureza. A saída será ás 16:00h desde as naves do campo da feira de Curtis, cun percorrido que permitirá desfrutar da paisaxe e da boa compañía. Como broche final, celebrarase unha cea ás 21:30h no recinto feiral e tamén se contará cun dúo musical. Poderanse inscribir antes do 14 de maio nos seguintes puntos:
• Teixeiro: Sabino e Arume
• Curtis: Bar Suizo e A Cantina
• Oficina Municipal de Curtis
Desde o Concello de Curtis animamos a toda a veciñanza e visitantes a participar activamente nestas dúas iniciativas, que representan o espírito de convivencia, compromiso social e amor pola nosa contorna.