EXAME BANER HORIZONTAL

Solicitude para permisos de lumeirada no San Xoán 2026

AVISOS CURTIS

O Concello de Curtis abre o prazo para recibir as solicitudes de lumes para a noite de San Xoán (a noite do 23 ao 24 de xuño).

O prazo remata o luns 22 de xuño ás 14:00 horas.

FORMULARIO DE SOLICITUDE (PREMER NESTA LIGAZÓN)


NORMAS DE PREVENCIÓN PARA ORGANIZAR AS LUMEIRADAS

  • O lume non terá unha altura superior a 3 metros nin máis de 6 metros de base. Se se atopa a menos de 400 metros do monte, estas medidas reduciranse á metade: 1,5 metros de altura e 3 metros de base.
  • O lume afastarase de leña apilada, liñas de tendido eléctrico, liñas de telecomunicación e calquera almacenamento de produtos inflamables polo menos 5 metros.
  • Prohíbese queimar plástico ou calquera outro produto que xere fume tóxico, produtos inflamables ou envases presurizados.
  • Terase preparado preto do lume unha mangueira ou auga en baldes.
  • Está prohibido facer o lume enriba do solo de dominio público pavimentado, con aglomerado, ou preparado de calquera xeito que poida ser danado polo lume.
  • responsable non abandonará o lugar en canto non quede totalmente apagado o lume, e unha vez extinguido, humedecerá os restos con auga.

A comunicación de queima non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbese lugar no caso de producirse un incendio polo uso do lume. Isto, cando concorra neglixencia, imprudencia ou incumprimento destas normas de prevención.

NÚMERO DE EMERXENCIAS: 112

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.