EXAME BANER HORIZONTAL

Bando urxente: restricións de auga

AVISOS CURTIS 1

O Concello de Curtis publica o seguinte bando urxente ante o risco na subministración de auga:

PROHIBICIÓN DE USOS NON AUTORIZADOS DE AUGA

Debido á escaseza de choivas e o descenso nos niveis das reservas de auga das que se abastece o noso municipio, ademais dunha avaría nunha zona de captación, faise estrictamente necesario seguir adoptando medidas urxentes para garantir o abastecemento domiciliario e o consumo humano a curto e medio prazo.


A gravidade da avería e a tensión do sistema esixen a implicación e o rigor de toda a veciñanza.

Calquera incumprimento poñerá en risco o subministro xeral do municipio.


QUEDA ESTRICTAMENTE PROHIBIDO o uso de auga potable da rede pública para calquera
finalidade que non sexa consumo doméstico, industrial ou gandeiro.
• 🚫 Encher piscinas privadas.
• 🚫 Lavar coches (agás en talleres ou lavadoiros autorizados).
• 🚫 Limpar con mangueira fachadas, terrazas, patios ou beirarrúas.
• 🚫 Regar hortas e xardíns (tanto públicos como privados).


🏡 No ámbito doméstico, industrial e gandeiro:
• Prégase a máxima responsabilidade e unha reducción drástica no consumo diario.
• Os sectores industriais e produtivos deben limitar o uso de auga exclusivamente aos procesos
imprescindibles, aplicando de maneira inmediata medidas severas de aforro e optimización.

A colaboración de todos é vital para evitar cortes no subministro.

O alcalde,
Javier Francisco Caínzos Vázquez

ACCEDE AQUÍ AO BANDO ASINADO EN PDF

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.