EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis reúne 150 persoas no Día da Bici para reivindicar unha mobilidade saudable e sustentable

dia da bici concello curtis 1

O Concello de Curtis celebrou este sábado o Día da Bici, unha xornada que congregou a 150 persoas para poñer en valor este medio de transporte no municipio. A actividade, organizada polo goberno municipal, desenvolveuse ao longo da mañá cunha ruta que reuniu a participantes de todas as idades arredor da bicicleta.

A saída producuse ás 10:00 horas de maneira simultánea desde dous puntos: a Praza de España, en Teixeiro, e o polideportivo de Curtis. Ambos os grupos percorreron o traxecto ata coincidir en San Roque de Xabriño, punto de chegada no que se desenvolveu o resto da xornada.

Alí, os asistentes gozaron dun avituallamento e do sorteo dunha bicicleta de montaña entre os participantes. A cita completouse coa entrega de trofeos en diferentes categorías, que recoñeceron ao participante máis novo, ao máis veterano, á bicicleta máis orixinal e ao grupo ciclista máis numeroso.

Con esta actividade, o goberno municipal busca poñer en valor o uso da bicicleta non só como un vehículo lúdico, senón tamén como unha opción de mobilidade saudable e sustentable que promove un estilo de vida activo e respectuoso co medio ambiente.

O alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, destacou a boa acollida da iniciativa: "É unha satisfacción ver como cada ano a veciñanza se suma a esta cita para gozar da bicicleta en familia e poñer en práctica este modelo de mobilidade sustentable".

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.