EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis aportará máis caudal á rede de abastecemento a través das augas subterráneas

novos pozos curtis 1

O Concello de Curtis localizou aguas subterráneas e executou cinco pozos co obxectivo de reforzar o abastecemento de auga. A actuación permitirá aportar máis de 1.000 metros cúbicos diarios, é dicir, máis dun millón de litros ao día, dentro do contexto da prealerta por escaseza na cunca do río Mandeo.

A actuación, que supón unha inversión superior aos 25.000 euros, subministrará auga ao polígono industrial e á estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Ratona. A conexión á rede está prevista para os vindeiros días, despois de varias xornadas de vertido á rede de pluviais, de acordo coas indicacións de persoal técnico.

Esta nova aportación de auga súmase a outros traballos executados nas últimas semanas para incrementar a subministración de auga á rede municipal do Concello de Curtis. Neste sentido, levouse a cabo unha actuación provisional no encoro da Castellana para captar auga no seu interior, debido a que as bombas localizadas no bordo quedaron practicamente varadas pola seca.

Seguen en vigor as restricións ao consumo, tales como as prohibicións de encher piscinas privadas, lavar coches, regar hortas e xardíns e empregar a auga para limpeza non sanitaria. Por outra banda, solicitóuselles ás empresas do polígono de Teixeiro unha redución proporcional do seu consumo de auga, co obxectivo non só de garantir a dispoñibilidade de auga para a poboación, senón tamén de asegurar a continuidade dos procesos industriais.

Pese á escaseza de reservas, o servizo mantense sen incidencias salientables e non se rexistraron cortes no abastecemento. O Concello de Curtis agradece a responsabilidade da veciñanza e das empresas, cuxa colaboración está a resultar clave para garantir a subministración.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.