EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis adxudicou a ampliación do ximnasio do pavillón municipal de Teixeiro cun investimento de 79.919 euros, importe no que quedou adxudicada a obra. A actuación permitirá pechar e cubrir o patio descuberto anexo á sala de máquinas, que se

WhatsApp Image 2026 09 17 at 14.00.45 copy copy copyO Concello de Curtis adxudicou a ampliación do ximnasio do pavillón municipal de Teixeiro cun investimento de 79.919 euros, importe no que quedou adxudicada a obra. A actuación permitirá pechar e cubrir o patio descuberto anexo á sala de máquinas, que se unirá ao paso interior existente para conformar unha nova sala polivalente de 40,58 metros cadrados.

O alcalde, Javier Caínzos, lembrou que “os ximnasios de Curtis e de Teixeiro son dous servizos municipais moi utilizados, con máis de 400 usuarios entre ambos, e a resposta do Concello ten que estar á altura desa demanda”. O rexedor engadiu que “queremos que as dúas instalacións medren ao mesmo tempo e coas mesmas posibilidades para a veciñanza. Queremos dar as mellores condicións para a práctica deportiva e para fomentar unha vida saudable no noso municipio”.

Coa ampliación, o ximnasio de Teixeiro aumentará a súa superficie útil e gañará un novo espazo. A obra inclúe tamén traballos complementarios de mellora integral: nova instalación eléctrica e de iluminación, implantación dun sistema de climatización, reforzo das medidas de protección contra incendios e tratamento das zonas afectadas por humidades. O prazo de execución previsto é de seis meses.

As intervencións nos ximnasios dos pavillóns de Curtis e de Teixeiro constitúen a primeira fase dun plan máis amplo de modernización das instalacións deportivas municipais, ao que seguirá unha segunda fase para continuar mellorando ambos espazos.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.