EXAME BANER HORIZONTAL

A obra artística de 15 vítimas de violencia de xénero, a exposición na Casa Museo María Antonia Dans

modelo cartel 15 visións. 1 copy

A obra artística de 15 mulleres vítimas de violencia de xénero poderase apreciar no Concello de Curtis. A Casa Museo María Antonia Dans acollerá a exposición fotográfica “15 visións Express-Arte” do 18 de setembro ao 8 de outubro.

Trátase dun traballo artístico realizado por 15 mulleres que versionan obras recoñecidas da historia da arte, como A Gioconda, de Leonardo da Vinci, ou La maja vestida, de Goya. As fotografías ofrecen unha perspectiva diferente, baixo o prisma de xénero, das realidades representadas nestas obras.

A mostra foi creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero, impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). Este programa buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.

A exposición foi cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do programa de actividades que ofrece ás entidades locais en colaboración coa FEGAMP.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.