Convenio entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Curtis de prevención de incendios forestais 2026
A Consellería do Medio Rural e o Concello de Curtis mantiveron este 2026 a súa colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais, no marco do convenio bianual 2025-2026 cofinanciado polo FEADER (Plan Estratéxico da PAC 2023-2027).
Os traballos de limpeza e rozas mecanizadas desenvolvéronse entre os meses de xuño e setembro, periodo de maior risco.
O importe máximo asignado para esta anualidade é de 22.263,50 €. dos cales o 80% finánciase con cargo ao FEADER, o 16 % con cargo á Administración Xeral do Estado e o 4% da Xunta de Galicia.
Con esta actuación, Curtis consolida un ano máis o seu compromiso coa seguridade ambiental, a conservación do monte e a protección do territorio fronte ao lume.
