EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis inicia a campaña “O Teu Pobo Premia” con 7.000 euros para promover as compras no comercio e na hostalaría local

Cartel O Teu Pobo Premia 2026

O Concello de Curtis pon en marcha unha nova edición da campaña de promoción do comercio local O Teu Pobo Premia. A iniciativa busca que a veciñanza coñeza a oferta comercial do municipio e recompensar as compras habituais nos establecementos comerciais e de hostalaría do Concello de Curtis.

Por cada 25 euros de gasto nestes negocios, a clientela recibirá un boleto numerado para participar no sorteo de 35 vales de compra de 200 euros. Os establecementos repartirán estes boletos ata o 1 de decembro, mentres que o sorteo terá lugar o 4 de decembro ás 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

O alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, explicou que o obxectivo da campaña, é “dinamizar a economía local e dar un empurrón ao pequeno comercio de Curtis e Teixeiro”, e animou a veciñanza a “apoiar os nosos negocios na antesala do Nadal”.

Prazos e gañadores

As bases foron publicadas este venres no taboleiro de anuncios do Concello, e recollen os detalles da campaña deste ano. Os gañadores do sorteo poderán recoller os seus vales do 4 ao 7 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas na Casa do Concello. Tamén haberá unha listaxe de agarda, no caso de que os agraciados non recollan o seu bono.

En todo caso, o prazo para empregar os vales abranguerá do 7 ao 22 de decembro no comercio e na hostalaría do municipio; e para cobrar  o importe, as persoas premiadas deberán presentar no Rexistro Municipal o vale, a factura da compra e un número de conta bancaria para que se lles reembolse o gasto. Na factura deberá figurar o concepto “Campaña de promoción do comercio local de Curtis ‘O Teu Pobo Premia 2026’”.

ACCESO ÁS BASES NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SEDE ELECTRÓNICA

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.