EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello de Curtis apoia a iniciativa R(e)volución Plástica, unha iniciativa da Fundación Érguete

Captura de pantalla 2026 11 04 171236

Desde o Concello de Curtis apoiamos R(e)volución Plástica, unha iniciativa impulsada pola Fundacion Erguete-Integracion no Centro Penitenciario de Teixeiro, que demostra como a sustentabilidade e a inclusión social poden ir da man.

Este proxecto dálles unha segunda vida aos residuos plásticos xerados no propio centro, transformándoos en novos obxectos útiles grazas á instalación de maquinaria de reciclaxe (unha trituradora e unha inxectora) e á formación dun grupo de persoas internas no seu manexo.

Nesta primeira fase, os residuos convértense en peites e perchas para a roupa, dando forma a un modelo de economía circular que vai moito máis alá da reciclaxe.

R(e)volución Plástica é tamén unha oportunidade para aprender, desenvolver habilidades e contribuír a un futuro máis sostible e inclusivo.

Reafirmamos o noso compromiso con iniciativas que xeran un impacto positivo social, ambiental e comunitario, apoiando proxectos que converten os residuos en recursos e crean novas oportunidades para as persoas.

Unha verdadeira revolución tamén comeza dando novas oportunidades!

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.