REDE CULTURAL 2013 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña convoca a programación da rede cultural do ano 2013.
Poderán participar nos programas as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na provincia:
CATEGORÍA NON PROFESIONAL:
a) Música:
Bandas de música, Bandas de gaitas. Masas corais, Música clásica, Rondas ou orquestras, Cantareiras, Folk, Rock, Pop/Lixeira, Electrónica, Jazz, Blues, Soul, Tunas, Charangas, Solistas, Outros.
b) Danza:
Danza tradicional galega, Danza contemporánea, Danza clásica, Outros tipos de danza
c) Teatro:
Teatro, Títeres, Maxia e ilusionismo, Contacontos, Outros
d) Outras actividades
CATEGORÍA PROFESIONAL:
a) Intérpretes de música:
Música clásica, Jazz, Folk, Rock, Blues, Tecno
b) Compañías de danza:
Danza clásica, Danza contemporánea, Danza folclórica galega, Outros tipos de danza
c) Compañías de teatro e de títeres:
Teatro, Títeres, Maxia, Monólogos - Contacontos
d) Outras actividades.
Os grupos e intérpretes que desexen participar nesta convocatoria, deberán presentar a súa solicitude antes do 22 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural