O CONCELLO DE CURTIS APROBA O ORZAMENTO DO ANO 2013
O Pleno da Corporación do Concello de Curtis aproba o orzamento para o ano 2013.
O dito orzamento ascende para o próximo ano a 2.959.297,31 €, un 3 % máis que no ano 2012.
O gasto en investimento aumenta nun 11% e redúcese o gasto en persoal nun 9 %.
Hai que destacar o mantemento dos servizos básicos esenciais, reforzando e garantizando os servizos sociais.
A dotación da partida para o mantemento da rede viaria das catro parroquias aumenta un 11%.
Redúcese Capítulo I do gasto de persoal que ainda así permitirá manter a atención directa e próxima o cidadán como en anos anteriores.
Está previsto acometer unha obra esencial como é o acondicionamento e mellora da 3ª planta da Casa Consistorial para adecuar o local a unhas instalacións dignas para o Xulgado de Paz. Dotarase dun archivo, sala de xuizos e despacho para secretaría, que a día de hoxe é moi deficitario e non cumpre coa normativa de accesibilidade a minusválidos.
As ditas instalacións contarán tamén co Rexistro Civil, arquivo municipal e o servizo municipal de auga.