PRIMEIRA FASE DO TORNEO DE FÚTBOL SALA CIDADE DE LUGO 2012
O Concello de Curtis, como en anos anteriores, participa nesta primeira fase cos equipos das escolas deportivas municipais de fútbol sala, durante os días 27,28 e 29 de decembro. Asistirán un total de 3 equipos nas categorías de benxamín, alevín e infantil,en total 30 xogadores; acompañados dos dous adestradores das escolas.
Como en pasadas edicións deste torneo, espérase clasificar a algún equipo para acceder a final do día 29, e dependendo do resultado acceder á segunda fase que se xogará no mes de xaneiro de 2013.